ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Procesión do Domingo de Resurrección no Barco

O encontro entre a Virxe e Cristo resucitado tiña lugar xunto ao Porto da Barca no mediodía deste 21 de abril

As imaxes da Virxe enloitada e de Cristo resusitado saían da igrexa barquense de San Mauro ás 12h. deste domingo 21 de abril. Dende aí, seguían dous traxectos diferentes: a Virxe continuaba pola rúa San Mauro, mentres que Xesús era levado por Eloi Mira e Marcelino Suárez para despois entrar en doutor Pérez Lista e chegar ata o Porto da Barca.

Nesta emblemática zona do casco antigo producíase o encontro entre a Virxe e o Resucitado. Nese momento, o loito da vestimenta de María desaparecía para deixar paso ao branco. Dende ese momento, as dúas figuras continuaban xuntas ata a igrexa de Santa Rita, onde se celebraba a misa deste Domingo de Resurrección. Este acto poñía fin ao programa de cultos da Semana Santa no Barco.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button