ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Procesión do Santo Enterro no Barco

A comitiva relixiosa, encabezada pola imaxe de San Xoán, saía ás sete e media da tarde deste Venres Santo dende a igrexa de San Mauro

A imaxes de San Xoán, a da Verónica, a Dolorosa, o Nazareno e o Cristo xacente percorrían en silencio na tarde do 19 de abril, Venres Santo, o centro da vila do Barco na procesión do Santo Enterro. Saía ás sete e media da tarde dende a igrexa de San Mauro para seguir despois un longo traxecto polas rúas Eloi Mira, Marcelino Suárez, Estación, e novamente Eloi Rodríguez Barrios ata, finalmente, regresar á igrexa parroquial.

Numerosas persoas participaban neste culto co que finalizada a xornada do Venres Santo na vila do Barco. No seu percorrido a Policía Local encárgase de regular o tráfico. Para ás dez da noite tamén do venres está prevista a denominada procesión “dos Caracois”, xa na vila do Castro.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button