ConcellosEn portadaO BarcoÚltima hora

Procesión do Silencio no Barco

 

Da igrexa barquense de San Mauro partía ás 22h. deste Xoves Santo a Procesión do Silencio, encabezada pola música. Nela saía a imaxe de Xesús Nazareno, portada por membros da Confraría de Xesús Nazareno.

A procesión percorría as rúas do casco antigo, San Mauro, Real e San Roque para despois pasar a Manuel Quiroga e continuar por Eloi Mira, ata regresar de novo á igrexa. O seu traxecto detíñase en varias ocasións. A primeira delas na rúa Escura, momento no que unha veciña do Barco interpretaba unha saeta adicada ao Nazareno e que remataba entre aplausos.

 

 

Despois, xa na confluencia entre as rúas San Roque e Manuel Quiroga, adicábase unha oración aos membros da confraría que ao longo dos anos teñen portado a imaxe de Xesús Nazareno. No decurso da procesión o tráfico foi regulado pola Policía Local do Barco. Despois, ás 23h., dábase paso á Hora Santa diante do Monumento, na igrexa de Santa Rita.

Os cultos da Semana Santa do Barco continuarán mañá ás 9:30h. coa Procesión do Encontro coas imaxes da Dolorosa e do Nazareno. O percorrido de ambas imaxes comezará na igrexa de San Mauro.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button