ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A procesión do Encontro abre os actos do Xoves Santo en Santo Estevo (A Rúa)

As imaxes de Xesús, a Virxe e San Xoán xuntáronse na praza César conti nun emotivo acto

Primeiro a imaxe de San Xoán (cun manto e coroa novos) a ombros de oito costaleiros con túnicas vermellas. De seguido a imaxe da Dolorosa a ombros das mulleres de loito. E por último a imaxe de Xesús Nazareno coa cruz ás costas camiño do Calvario a ombros dos costaleiros con túnicas moradas. Son os tres pasos que na mañá do 14 de abril protagonizaron a procesión Vía Crucis do Encontro, o acto co que a parroquia de Santo Estevo abría o Xoves Santo.

Despois de percorrer boa parte da Rúa Vella, as tres imaxes xuntábanse na praza César Conti, protagonizando un dos momentos máis emotivos da Semana Santa nesta parroquia ruesa: o encontro da Virxe co seu fillo, en presenza de San Xoán, antes de ser crucificado.

Os actos en Santo Estevo continúan esta tarde do Sermón das 7 Palabras, Desencravo e Procesión do Santo Enterro.

Foto: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button