CarballedaConcellosÚltima horaVídeos

Procesión na honra a Nosa Señora da Encarnación en Sobradelo

A Charanga Nova Terras de Trives poñía ritmo á mañá do último día de festas

 

Ao ritmo da Charanga Nova Terras de Trives comezaba a xornada deste luns 25 de abril en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras), a última das festas patronais na honra a Nosa Señora da Encarnación que comezaban o pasado venres co concerto da banda de rock The Tetas’ Van.

 

 

Tralo pasarrúas a cargo da charanga, ás 12:30 horas saía da igrexa parroquial a procesión encabezada pola imaxe da Virxe e, tras percorrer as rúas da vila acompañada polos fegreses entre os que estaba a alcaldesa Mª Carmen González e membros da corporación, oficiábase a misa solemne. Despois tiña lugar a sesión vermú a cargo da charanga trivesa que tamén acompañaba á procesión.

 

 

 

 

Pola tarde, a partir das 20h. haberá baile coa orquestra Miramar, a encargada de poñer o broche ás festas patronais de Sobradelo, as primeiras da tempada estival xunto coas de Vilamartín, moi esperadas pola poboación tralo parón de dous anos pola pandemia.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button