En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A procesión do Santo Cristo percorre as rúas de Trives

Numerosos fieis seguiron o paso da comitiva no Día do Cristo, 14 de setembro

Un ano máis a procesión coa imaxe do Santo Cristo percorría as rúas da Pobra de Trives no mediodía do 14 de setembro. É un dos actos máis esperados polos devotos do santo por iso, multitude de persoas participaban nesta procesión na que tamén sacaban a imaxe da Virxe, co acompañamento musical da Banda de Música Cultural de Arcade (Pontevedra), que concluía na igrexa parroquial, onde se oficiaba a misa do día grande das Festas do Cristo na capital da comarca trivesa. Ademais dos actos relixiosos o programa inclúe propostas lúdicas e musicais como o concerto do grupo Assia previsto para esta tarde-noite.

A seguinte cita en Trives será a festa na honra á Virxe das Dores, popularmente coñecida como Dolorosa, prevista para a fin de semana. O acto central celebrarase o domingo 17 de setembro. A eucaristía solemne comezará ás 12:30 horas, seguida pola multitudinaria procesión que levará á imaxe da Dolorosa por toda a vila. Igual que no caso do Cristo, tamén haberá música para amenizar a festa da Virxe. A Banda de Gaitas Os Trintas fará o pasarrúas o día 16. Pola tarde o escenario da festa estará tomado pola orquestra Hiroshima que porá o broche musical á xornada actuando pola tarde e tamén pola noite ata altas horas da madrugada. O domingo, o pasarrúas e concerto correrá por conta da Banda de Música de Barbadás, mentres que a sesión vermú estará amenizada pola charanga Triple B e o baile pola orquestra Santiago.

Fotos cedidas.

Máis fotos das Festas en Trives:
https://osil.info/trives-rende-culto-ao-santo-cristo/
https://osil.info/concerto-da-banda-de-musica-de-arcade-no-dia-cristo-trives/

Artigos relacionados

Back to top button