ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Procesión do Santo Enterro do Barco

Encabezada pola imaxe de San Xoán, a procesión do “Santo Enterro” percorría o centro do Barco na tarde do Venres Santo. Partía ás sete e media dende a igrexa de San Mauro á que regresaba despois dun longo traxecto polas rúas Eloi Mira, Marcelino Suárez, Estación, e novamente Eloi Rodríguez Barrios ata a igrexa parroquial.

Na procesión saían, portadas polos integrantes da confraría, a xa citada imaxe de San Xoán, as da Verónica, a Dolorosa, o Nazareno e o Cristo xacente. Numerosas persoas participaban neste culto co que concluía a xornada do Venres Santo na vila do Barco. Para ás dez da noite tamén do venres está prevista a denominada procesión “dos Caracois”, xa na vila do Castro.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button