En portadaÚltima hora

A Procesión do Silencio percorre o casco antigo barquense

O silencio que reinaba ao longo do percorrido só se interrumpía coa interpretación dunha saeta na rúa San Mauro

Dende a igrexa de San Mauro partía a Procesión do Silencio que se celebraba no Barco na noite do Xoves Santo. Nela saía a imaxe de Xesús Nazareno, que percorría as rúas do casco antigo: San Mauro, San Roque, Manuel Quiroga e Eloi Mira, ata regresar de novo á igrexa da que partía.

Neste percorrido a imaxe era portada polos membros da confraría de Xesús Nazareno e o silencio só se interrumpía cando a procesión chegaba á rúa San Mauro, momento no que se interpretaba unha saeta adicada ao Nazareno e que remataba entre aplausos.

Os cultos da Semana Santa do Barco continuarán mañá ás 9:30h. coa Procesión do Encontro coas imaxes da Dolorosa e deo Nazareno. O percorrido comezará na igrexa de San Mauro.

 

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button