ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Prodúcese un pequeno incendio nas proximidades do polígono da Raña (O Barco)

Nas proximidades do polígono da Raña (O Barco) rexistrábase nesta mañá de 5 de setembro un pequeno incendio. De inmediato trasladábanse ata o lugar un camión motobomba así como unha brigada e un axente forestal, ademais da Policía Local do Barco. O lume quedaba controlado ás 12h. e, posteriormente, apagado.

Moi preto dalí, en Arcos (Vilamartín de Valdeorras) tamén se rexistraba outro pequeno incendio que era rapidamente sofocado.

Artigos relacionados

Back to top button