EconomíaEconomíaÚltima hora

Profesionais de 34 países daranse cita en Termatalia 2019, os días 19 e 20 de setembro en Expourense

Bar de augas, centro termal, área de promoción de hábitos de vida saudables, zona de masaxes e cocina en directo son os principais atractivos para o público

 

A participación de 269 expositores, 26 touroperadores e 34 países representados, con masiva presencia de América Latina e de Europa incorporando tamén a Norte de África e Asia-Pacífico, e presencia de 67 disertantes. Son os datos, que reafirman á 19ª edición de Termatalia como “a gran cita mundial do turismo de saúde e da industria termal posicionando a Galicia e a Ourense como centro de formación profesional en materia de termalismo”.

A feira celebrarase en Expourense os días 19 e 20 de setembro pero haberá actividades durante toda a denominada “Semana Termatalia” que comeza hoxe e mañá co “Congreso Internacional de Termalismo 2021-2027: Dinamización dos Territorios e Reto Demográfico” organizado polo proxecto “Raia Termal” no Balneario de Lobios. Os días 18 e 19 celebrarase o III Simposio Internacional sobre Termalismo e Calidade de Vida organizado polo Campus da Agua da Universidade de Vigo e xa o 19 e 20 será a quenda da propia feira Termatalia. O sábado 21 organizaranse varias rutas termais transfronteirizas para que os profesionais participantes teñan a oportunidade de coñecer in situ centros termais punteiros e singulares.

Termatalia 2019 presentábase na mañá do 16 de setembro en Expourense nun acto ao que acudiron o presidente da Deputación de Ourense e do comité asesor desta edición da feira e presidente electo de E.H.T.T.A., Manuel Baltar; a directora da Axencia Galega de Turismo, Nava Castro; a concelleira de Turismo e Termalismo do Concello de Ourense, Flora Moure; e a directora de Termatalia Emma González. Todos destacaron “o papel que xoga a feira como ponte de conexión termal entre Europa e América Latina e a gran oportunidad eque ofrece de promocionar internacionalmente a Ourense e  Galicia como destinos termais e como centros de capacitación profesional internacionais del turismo de saúde”.

Representado poa Prefeitura de Foz do Iguaçu, Brasil participará como país invitado nesta edición na que están representados 34 países procedentes de Europa, América, África e Asia, e conta con 269 expositores. Postos que “reflicten a cadena de valor de todos os axentes que interveñen no desenvolvemento da industria termal”, explican dende a organización. Desde a captación do recurso do auga ata a comercialización do destino turístico, pasando polo deseño, construción e xestión de centros termais. Proveedores, balnearios e outros centros de benestar, turoperadores, organismos de promoción turística, augas envasadas, vilas termais, dermoestética, asociacionismo ou formación, serán os sectores que se encontrarán en Termatalia 2019.

A programación completa pódese consultar en https://www.termatalia.com/cronograma.php

Artigos relacionados

Back to top button