EconomíaEconomíaViticultura

Profesores de hostalaría e de sumillería suecos, no Ribeiro

A visita está organizada polo Consello Regulador desta denominación co fin de difundir os viños da zona no exterior
Os prescriptores suecos catando un viño do Ribeiro, xunto ao presidente da D.O.
Os prescriptores suecos catando un viño do Ribeiro, xunto ao presidente da D.O.

Un grupo de prescriptores das escolas de hostalería e sumillería de maior importancia en Suíza achegábanse nestes días ás adegas e viños da Denominación de Orixe Ribeiro. Estes profesores son Christian Baur da Schweizer Hotelfachschule Luzern, Antonio Ruotolo e Ruth Knöpfel do César Ritz Colleges Switzerland, Manfred Wagner do Schulhotel der Hotel und Touristikfachschule Chur e Marc Herbin do Glion Institut de Hautes Etudes.

Os actos da viaxe comezaba o domingo 7 de setembro cun seminario-cata da Denominación de Orixe Ribeiro a cargo do director técnico do Consello Regulador, Pablo Vidal. Ao día seguinte comezaban a percorrer as adegas e a visitar aos colleiteiros do Ribeiro, nun programa que incluíu a visita a 9 adegas: Viña Costeira, Terra do Castelo, Coto de Gomariz, Casal de Armán, Bodegas Docampo, Eduardo Peña, Viña Reboreda, Bodega Alanís e Pazo de Vieite.

“Durante estes días o grupo de expertos tivo a posibilidade de catar preto de 50 referencias do Ribeiro, favorecer o contacto directo cos produtores e coñecer as peculiaridades e principais características da nosa rexión vitivinícola”, segundo se informa dende o consello regulador.

Esta acción resposta ao interese da D.O. Ribeiro polo mercado exterior e, neste caso, máis en concreto polo suízo.”Esta aproximación aos líderes de opinión no mercado suízo está a acadar bos resultados, xa que neste novo achegamento os viños do Ribeiro están a ser percibidos como elaboracións de alta calidade e personalidade, coa autenticidade propia dunha rexión vitivinícola que posúe unha das maiores riquezas varietais no mundo do viño, así como unha das máis dilatadas traxectorias históricas na súa elaboración”, aseguran dende a D.O. Ribeiro.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button