OurenseÚltima hora

Progape ampliará o albergue de animais en colaboración co Concello

O goberno local incrementa este ano nun 43% as axudas á asociación protectora de animais
Vázquez, Del Campo e Godoy.
Vázquez, Del Campo e Godoy.

A Asociación Protectora de Animais de Ourense (Progape) poderá reformar e ampliar as instalacións do albergue de animais en colaboración co Concello. Nunha reunión mantida entre o alcalde, Jesús Vázquez, a edil de Sanidade, Sofía Godoy, e a responsable do colectivo, María del Campo, comunicouse que o goberno local incrementa este ano as axudas a Progape nun 43,4%. Deste xeito, a protectora recibirá 109.000 euros, aos que se lle sumará o presuposto de 60.1000 euros das melloras no albergue situado en As Eiroás.

O proxecto divídese en cinco eixos de actuación, entre os que se contempla a instalación de oito novas xaulas para hospitalización de animais e procederase á substitución e adecuación de peches e portas metálicas.

Artigos relacionados

Back to top button