CulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Programa europeo Comenius de educación

Profesores e alumnos de cinco países visitan O Barco de Valdeorras

O alcalde do Barco de Valdeorras Alfredo García, e os concelleiros de Turismo Irene Dacal e Cultura Eduardo Ojea, recibiron na mañá do 24 de febreiro unha expedición formada por profesores e alumnos de Austria, Grecia, Italia, Polonia, Turquía e España.

A visita enmárcase no programa europero Comenius na súa modalidade de asociacións escolares entre os centros educativos co fin de desenvolver proxectos conxuntos de aptendizaxe para alumnos e profesores.

O IES Martaguisela é un dos seis centros que forman parte do proxecto baseado na vida saudable e a visita ao Barco á quinta movilidade.
A expedición estará en Valdeorras ata o 28 de febreiro e ao longo de seis días visitará os lugares máis emblemáticos da zona e da bisbarra, dentro dun completo programa de actividades coordinadas dende o centro escolar barquense.

Texto: Mónica G. Bellver Fotos: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button