SanidadeÚltima hora

Programa para fomentar a saúde bucodental entre as persoas maiores

A segunda edición da iniciativa formativa “A saúde bucodental non é cuestión de idade” vén de poñerse en marcha en Ourense
Un dos momentos do acto no centro sociocomunitario Ourense Centro.

 

Co fin de fomentar hábitos de hixiene bucodental entre as persoas maiores, a Xunta de Galicia está a desenvolver accións de divulgación nos centros sociocomunitarios da provincia. Neste marco a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitaba o 1 de marzo o centro sociocomunitario Ourense Centro e participaba na apertura da segunda edición deste programa, titulado “A saúde bucodental non é cuestión de idade” .

Acompañada da xefa territorial da Consellería de Sanidade, María Villar, e da xefa territorial da Consellería de Política Social, María José Fernández, Díaz Mouteira animaba aos usuarios deste centro a levar hábitos de vida axeitados, especialmente no referente á saúde bucodental, que repercutan nunha maior calidade de vida.

 

A delegada provincial da Xunta, durante a súa intervención.

A actividade dirixida aos usuarios dos centros sociocomunitarios da provincia consiste na realización dunha charla formativa, impartida por unha hixienista dental da xefatura territorial de Sanidade, coa que os maiores aumentarán os seus coñecementos e habilidades relacionadas coa saúde bucodental na vida diaria e coa adquisición de hábitos de hixiene.

Os últimos datos sobre saúde oral en España sinalan que máis do 90% dos maiores de 65 anos padecen una enfermidade peridontal e teñen unha media de 14 dentes afectados de caries. Os maiores de 65 anos manifestan ter peores hábitos no referente a hixiene bucal diaria e mesmo un 5,3% recoñece que non realiza ningún cepillado de dentes ao día, porcentaxe que aumenta de forma progresiva ata o 17% nos maiores de 85 anos. Nos últimos dez anos as cifras de falecementos en Galicia por cancro de labio, cavidade oral e farinxe mantéñense entre os 169 do 2005, os 202 de 2012 e os 184 casos no pasado 2015, segundo se indica dende a Xunta.

Artigos relacionados

Back to top button