ConcellosÚltima hora

Programa integrado de emprego Ribeiro do Miño

Arranca a fase de formación nos concellos de Castrelo de Miño, Cenlle e Toén
Presentación da fase de formación.
Presentación da fase de formación.
Alumnos do curso de fitosanitarios.
Alumnos do curso de manipulación de fitosanitarios.

No mes de agosto arrancaba o Programa integrado para o emprego Ribeiro do Miño, de forma conxunta nos concellos de Castrelo de Miño, Cenlle e Toén. Durante o primeiro período, na que foi a fase de acollida, desenvolveuse unha selección de 60 persoas interesadas en participar.

Tal como explican dende Castrelo de Miño “atopámonos agora nas fases de activación e de acompañamento, consistentes en entrevistas individuais para elaborar o plan persoal de emprego, búsqueda de ofertas de traballo e a posta en marcha das diversas accións formativas previstas neste proxecto”. Por iso na mañá do xoves 16 de outubro, os tres alcaldes e o equipo técnico do programa presentaban o inicio da fase de formación deste programa.

As primeiras actividades consisten na realización dun curso de manipulador de fitosanitarios en Toén e Cenlle, e un curso de prevención de riscos laborais en Castrelo de Miño.

Durante os meses que dura este programa, ata xullo de 2015, os alumnos recibirán entre outra, formación de tres grandes bloques acordes coas empresas sitas na zona (adegas, empresas forestais e cooperativas de horticultura): curso de operario agrícola e vitivinícola; curso de peón forestal; e curso de auxiliar de xardinaría e horticultura.

A maiores destes tres grandes bloques formativos, os participantes desempregados realizarán formación complementaria como un curso de aplicador e manipulador de produtos fitosanitarios; ou de prevención de riscos laborais, entre outros.

Artigos relacionados

Back to top button