CulturaCulturaÚltima hora

Programación infantil de lecer en Viana na Semana Semana

 

O Concello de Viana do Bolo vén de presentar un programa de actividades dirixido aos máis pequenos e que se desenvolverá durante as datas da Semana Santa. Incluirá propostas lúdicas e tamén cine.

Así, o vindeiro 12 de abril ás 19h. proxectarase na Casa da Cultura de Viana o filme “Valentina”, nomeada á mellor película de animación nos Premios Goya, galardón que finalmente gañou.

 

 

Por outra banda, do 13 ao 17 de abril os máis pequenos poderán desfrutar no pavillón polideportivo da vila dun novidoso parque infantil e xuvenil con inchables, simuladores e moitas outras sorpresas.

 

Artigos relacionados

Back to top button