En portada

Prohibida a circulación de camións e articulados na estrada OU-122 en Casaio

Panorámica de Trevinca coa localidade de Casaio.

 

A intensa nevada caída nas últimas horas en Trevinca está a producir incidencias na circulación por estrada na zona. Así, tal e como informa a Dirección Xeral de Tráfico (DXT), tendo en conta a situación de meteoroloxía adversa por neve está prohibida nestes momentos a circulación de camións e articulados na estrada OU-122 á altura de Casaio (Carballeda de Valdeorras) desde o km 11 ao km 26 en ambos sentidos, segundo se informa dende a Dirección Xeral de Tráfico.

Nestas imaxes pode verse a estampa branca deixada pola neve no entorno da localidade de Casaio.

Fotos cedidas.

 

Imaxe da capela de San Xil novo.

 

Máis imaxes da nevada en diferentes puntos do oriente ourensán nas seguintes ligazóns:

https://osil.info/estampa-branca-en-manzaneda/

https://osil.info/a-nevada-no-bolo/

 

 

Artigos relacionados

Back to top button