ConcellosÚltima hora

Prohibidas as queimas agrícolas e forestais dende mañá

O período de alto risco de incendios abrangue un período de tres meses, dende o 1 de xullo ata o 30 de setembro

 

Mañá, 1 de xullo, comeza a campaña de alto risco de incendios forestais en Galicia, que se estenderá ata o 30 de setembro. Isto supón a suspensión das queimas, polo que queda interrompida a tramitación das comunicacións para as queimas agrícolas, así como a dos permisos para as queimas forestais, segundo indica a Consellería do Medio Rural.

Por mor do inicio do período de alto risco, a partir de mañá refórzase o dispositivo establecido no Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, Pladiga 2020. Este ano, como nas últimas campañas, o operativo de verán estará integrado por máis de 7.000 efectivos, entre persoal da Xunta, dos concellos, do Ministerio, do Exército e das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Está a disposición da cidadanía o servizo gratuíto 085, ao que se debe chamar no caso de detectar un incendio forestal. Dende Medio Rural tamén se fai unha chamada a todas as persoas que se acheguen ao monte nestas datas para que extremen as precaucións e eviten calquera práctica que implique risco de lume.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close