EconomíaEconomíaÚltima hora

ProLimia acolle en Xinzo unha xornada do programa “Rural Emprende”

Será impartida o 13 de marzo ás 19h. na Casa da Cultura da man do responsable da área de Emprendemento do Igape, Guillermo Viña
Logotipo da Asociación ProLimia.

É unha liña de subvencións do Igape que oscila entre os 20.000 e os 70.000 euros. Para coñela máis de preto a Casa da Cultura de Xinzo de Limia acollerá o vindeiro 13 de marzo entre as 19h. e as 21h. unha charla informativa sobre o programa “Rural Emprende”. Nela contarase coa presenza do responsable da área de Emprendemento do Igape, Guillermo Viña González. Esta actividade será organizada a través da Asociación de Empresas e Comercios da Limia, ProLimia.

Artigos relacionados

Back to top button