ConcellosÚltima hora

Promoción da Festa do Pulpo máis aló das fronteiras galegas

As casas rexionais de Lleida (Cataluña) publicitarán este evento gastronómico de referencia
Un momento da conferencia impartida polo alcalde do Carballiño no Centro Galego de Lleida.
Un momento da conferencia impartida polo alcalde do Carballiño no Centro Galego de Lleida.

O Centro Galego así como as demais casas eexionais de Lleida promocionarán a Festa do Pulpo do Carballiño como “un dos grandes eventos gastronómicos de Galicia”. Así o aseguraron os directivos destas entidades na presentación da LV Festa do Pulpo que tiña lugar este luns, no marco das Xornadas Culturais da Federación de Casas Rexionais con motivo do XXXV aniversario desta entidade, ao que asistiron o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e o concelleiro de Turismo, José Manuel Dacal.

Tal como explican dende o Concello do Carballiño, Fumega e Dacal viaxaron a Lleida por invitación do Centro Galego desta cidade para impartir unha conferencia sobre a Festa do Pulpo do Carballiño, que se celebrou no salón de actos da entidade coa asistencia de tres concelleiros do grupo de goberno municipal da cidade, dos presidentes das casas rexionais de Aragón, Castela-León, Extremadura, Cantabria e Andalucía; do presidente dos empresarios, do vicepresidente da Federación de Asociacións Veciñais e de numeroso público.  Alí, o alcalde carballiñés fixo unha  exposición da historia e da relevancia da Festa do Pulpo a nivel galego e estatal, como o demostra a declaración de Festa de Interese Turístico Nacional, e explicou que “se está a traballar para conseguir a declaración de interese internacional, co que se daría un salto cualitativo moi importante”. O rexedor falou asemade dos recursos turísticos do Carballiño e da comarca, destacando especialmente “os balnearios e os proxectos de modernización que se realizan neste momento”.

 

Intercambio de agasallos entre o alcalde do Carballiño, o presidente do Centro Galego e o presidente da Federación de Casas Rexionais.
Intercambio de agasallos entre o alcalde do Carballiño, o presidente do Centro Galego e o presidente da Federación de Casas Rexionais.

Artigos relacionados

Back to top button