EconomíaEconomíaGalerías de fotosSen categorizar

Promoción da Ribeira Sacra a ritmo de golf

80 golfistas internacionais danse cita en Pantón na proba de acceso ao Circuíto Europeo Feminino de Golf

A Ribeira Sacra de Pantón acollerá do 29 ao 31 de maio, o “lnternacional OCA Augas Santas Balneario & Golf Resort” á única proba das series de acceso ao Circuíto Europeo Feminino de Golf que se celebra en España, na que se darán cita 80 xogadoras da elite europea do golf feminino, con representación de máis de 20 países e 4 continentes. No aspecto deportivo destaca a presenza de Tania Elósegui, Cristina Espejo Enma Cabrea Bello, María Salinas (Perú), Pamela Feggans (Escocia), Melanie Matzler (Suiza), Christine Wolf (Austria) ou Amy Boulden (Gales) entre outras.

Previamente ao torneo que comezará oficialmente mañá xoves a partires das 8:30h. celebráronse unha serie de actos promocionais da Riberira Sacra organizados polo Consorcio de Turismo en colaboración coa Deputación de Lugo, destacando a visita das xogadoras e acompañantes aos Canóns do Sil con paseo en catamarán dende o embarcadero de Doade e unha exhibición na propia embarcación.

Tal como explican dende o Consorcio “buscábase a orixinalidade da presentación e, ao mesmo tempo, aproveitar o evento como escaparate da Ribeira Sacra a nivel internacional” Por iso, “durante o traxecto, as xogadoras, organización e patrocinadores tiveron a oportunidade de degustar o viño mencía da zona e outros produtos típicos. Unha fusión perfecta entre golf, canóns, paisaxe, viño e gastronomía”. A metade de traxecto, o barco ubicouse para que as xogadoras puidesen facer lanzamentos dende a cuberta cara un viñedo onde previamente colocaramos cestos de vendima tradicionais indicados cunhas bandeiras (o viñedo ofreceuno D. Fidel, de Sober)”.

O programa continuou o mércores co Torneo ProAm onde 20 equipos formados por 3 xogadores amateurs competiron acompañados dunha das profesionais.

O xoves 29 e o venres 30 disputaranse as dúas primeiras rondas da competición oficial, tralas cales se realizará un corte para as 30 primeiras clasificadas e empatadas para a disputa da ronda final o sábado 31, coa entrega de premios prevista para as 15h.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button