OurenseÚltima hora

Promoción de estilos de vida saudable

Un alumno do CEE O Pino de Ourense, gaña a categoría especial do concurso “Debuxa o teu almorzo” da Consellería de Sanidade
Carlos Tellez Domínguez recibindo o premio.
Carlos Tellez Domínguez recibindo o premio.

Carlos Tellez Domínguez, alumno do Centro de Educación Especial O Pino de Ourense de 17 anos de idade, foi o gañador do primeiro premio, na categoría especial, do concurso de debuxo “Debuxa o teu almorzo”, convocado pola Consellería de Sanidade xunto co Foro Interalimentario e a Unión de Consumidores de Galicia ao abeiro dun convenio de colaboración asinado para a promoción de estilos de vida saudable.

O premio consistiu na entrega de entradas para asistir o premiado e os compañeiros a un partido do COB, patrocinadas pola dita entidade e dun lote de froitas frescas subministradas polo Foro Interalimentario, para o CEE O Pino.

Os alumnos do CEE O Pino de Ourense, participantes no concurso.
Os alumnos do CEE O Pino de Ourense, participantes no concurso.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, acompañado polas xefas territoriais das consellerías de Sanidade e Cultura e Educación, María Villar e Mercedes Gallego, e polos membros do xurado deste concurso, presidiu o acto de entrega do galardón que contou coa presenza de 12 alumnos máis do CEE O Pino que tamén participaron no concurso. O acto incluíu a degustación dun almorzo saudable.

Artigos relacionados

Back to top button