ConcellosEn portadaRubiáÚltima horaVilariño de Conso

Promoción do turismo sostible na Serra da Enciña da Lastra (Rubiá) e no Invernadeiro (Vilariño de Conso)

Medio Ambiente vén de adxudicar e asinar o contrato para o deseño e execución das campañas de divulgación e promoción do turismo de natureza sostible e de educación ambiental nestes parques naturais nos vindeiros dous anos

Vista de Covas (Rubiá), no Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Campañas, actividades e obradoiros de educación, sensibilización e divulgación ambiental, conservación da natureza e Rede Natura 200. Son algunhas das accións que se desenvolverán no programa de divulgación, promoción do turismo de natureza sostible e educación ambiental nos parque naturais da Serra da Enciña de Lastra (Rubiá) e no Invernadeiro (Vilariño de Conso).

A Consellería de Medio Ambiente vén de adxudicar e asinar o contrato para o deseño e execución destas campañas nestes espazos nos vindeiros dous anos por un importe de 37.877,74€ na Serra da Enciña da Lastra e por de 34.201 euros (en ambos casos IVE incluído) no Invernadeiro.

“A finalidade principal desta actuación, cofinanciada nun 80% a través do fondo europeo para o desenvolvemento rexional ao abeiro do programa FEDER Galicia 2014-2020, é a contratación dun servizo de atención ao público e sensibilización, así como de campañas de promoción turística e educativas que contribúan á concienciación ambiental da sociedade e a un mellor coñecemento dos espazos incluídos na Rede de Parques Naturais de Galicia”, segundo informa a administración galega.

 

 

De feito, o contrato licitouse o pasado mes de marzo dividido en seis lotes: un por cada un dos seis parques naturais existentes en Galicia. Da prestación do servizo de promoción e divulgación dos valores existentes na Serra da Enciña da Lastra, no Concello de Ourense, encargarase a empresa Puertas Afuera, Comunicación Medioambiental y Cultural SL, que acaba de asinar o contrato por un período de 24 meses.

Deste xeito, o resultado que se pretende acadar durante os dous anos de execución inicialmente previstos no contrato é triplo: mellorar o coñecemento dos parques naturais de Galicia e da súa Rede Natura 2000; enriquecer a oferta de uso público dos parques mediante a potenciación do seu atractivo turístico; acadar unha maior sensibilización ambiental da sociedade galega en xeral e dos visitantes destes espazos, en particular; e incrementar o número de visitas aos parques naturais como mecanismo que contribúa tamén á reactivación económica das súas áreas de influencia.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close