OurenseÚltima hora

Promoción do “leite galego 100%” na XL San Martiño

Nunha carpa instalada a carón do pavillón do Remedios, repartíronse minibricks entre os corredores
A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, o subdelegado do Goberno en Ourense e o alcalde de Ouense.
A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, o subdelegado do Goberno en Ourense e o alcalde de Ouense.

O leite co selo de garantía Galega 100% era promocionado na mañá do 20 de novemebro, no marco da XL Carreira Pedestre Popular do San Martiño de Ourense. A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, participou nesta actividade, que permitiu aos atletas e ao público en xeral degustar este leite de calidade diferenciada a través do reparto gratuíto de minibricks, que se entregaron nunha carpa instalada a carón do pavillón dos Remedios. Xunto a do Campo tamén estiveron o alcalde Ourense, Jesús Vázquez e o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro.

A marca Galega 100% e a súa xestión é propiedade do Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL), organismo no que están representadas as industrias lácteas e os produtores de leite. Con este selo identifícase o leite e os produtos lácteos de calidade diferenciada elaborados con materia prima galega, feitos e envasados en Galicia. Trátase de que o consumidor saiba que a materia prima que se emprega nestes produtos procede exclusivamente de explotacións leiteiras inscritas no Rexistro de Explotacións de Calidade Diferenciada.

Repartido minibricks de leite entre os participantes na XL San Martiño de Ourense.
Repartido minibricks de leite entre os participantes na XL San Martiño de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button