CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Propostas formativas e culturais para conmemorar o Día da Muller en Viana

Cartel do Día da Muller en Viana do Bolo.

 

O Concello de Viana do Bolo, a través do Centro de Información á Muller (CIM), levará a cabo este mes de marzo unha serie de actos, dirixidos a todo tipo de públicos, para conmemorar o Día internacional da Muller, que se celebra o 8 de marzo.

O programa inclúe actividades de fomento do autocoidado e da saúde, outras nas que o humor é o protagonista e, por suposto, propostas de promoción da igualdade entre os menores do Concello. “No caso dos máis pequenos, un novidoso e orixinal contacontos (o día 15 de marzo), titulado “Contos vellos novos finais”, no que os finais tradicionais deixan paso a novos finais. No caso do alumnado do IES Carlos Casares, realizaremos unha serie de obradoiros e actividades educativas á vez que divertidas”, adiantan dende o CIM de Viana do Bolo.

Neste ano 2018, a programación conta ademais coa colaboración do Cine-Clube “A Lanterna”, que proxectará o 10 de marzo ás 19:30h. un filme escollido para esta ocasión, “Refuxiado”. E, como ven sendo habitual nos últimos anos, a Asociación de Mulleres Rurais de Viana do Bolo celebrará o sábado 10 de marzo unha cea á que poden acudir todas as mulleres que o desexen.

Ademais o día 11 de marzo na Casa da Cultura vianesa poderá asistirse ao monólogo “Eu quero ser galega”.

Artigos relacionados

Back to top button