A VeigaConcellosÚltima hora

Propostas para desfrutar da montaña e dos bosques da Veiga e Porto en todo o seu esplendor

"Terras Altas de Trevinca" presenta o seu calendario de actividades para dar a benvida o mes de outubro

Ruta por Trevinca. /Foto: Terras Altas de Trevinca.

 

A piques de rematar o mes de setembro, “Terras Altas de Trevinca” dá a benvida ao outono presentando o seu calendario de actividades para o mes de outubro.

As montañas e os bosques comezan a vestirse de cores, sen esquecer o ceo que case pode tocarse, un espectáculo visual que convidan a descrubrir e desfrutar. Ao longo do mes haberá observacións astronómicas e moitas rutas diurnas: por Pena Trevinca, polos sendeiros do Xares, por camiños tradicionais en Porto e Xares, por bosques e mesmo pola Serra Calva.

As actividades contan coa colaboración dos concellos da Veiga e Porto.

 

Programa de actividades.

Artigos relacionados

Back to top button
Close