ConcellosÚltima hora

Protección Civil da Rúa agradece a doazón de caixas da edición “Un millón de gracias” de Estrella Galicia

Con esta iniciativa recoñécese o esforzo e labor das persoas que loitaron e loitan contra a pandemia do Covid-19

 

 

Dende a agrupación de voluntarios de Protección Civil da Rúa vén de amosarse o seu agradecemento á empresa Distribuciones Roca por “recoñecer o noso labor na pandemia do Covid-19, e por doarnos unhas caixas de cervexa da edición especial “Un millón de gracias, un millón de botellas” de cervexa Estrella Galicia”.

 

 

Con esta edición especial de cervexa, pretende agradecerse e recoñecerse o labor desenvolvido polo persoal esencial durante a pandemia do coronavirus.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button