ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Protección Civil da Rúa aumenta a axuda á poboación durante o confinamento

Están operativos dende as 10 da mañá e ata a 1 da madrugada "ou cando sexa necesario"

 

Axudan e colaboran cos concellos durante todo o ano pero especialmente intensa está sendo estes días, en plena pandemia do coronavirus, a actividade das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil.

No caso da Rúa, os voluntarios puxeron en marcha un servizo especial de axuda a diferentes colectivos, estando operativos dende as 10 da mañá e ata a 1 da madrugada “ou cando sexa necesario”, engaden dende Protección Civil.

 

Tres voluntarios de Protección Civil da Rúa diante da sede recentemente inaugurada.

 

As tarefas que levan a cabo son basicamente facer a compra e ir á farmacia a por medicinas, para todas esas persoas maiores ou de colectivos vulnerables que non poden saír de casa, aínda que coma sempre están ao servizo da cidadanía para calquera outro labor que requiera a súa presenza.

Fotos: Protección Civil da Rúa.

Artigos relacionados

Back to top button