A RúaConcellosÚltima hora

Protección Civil da Rúa participaba en 39 operativos o pasado xullo

 

Ata en 39 operativos participaba a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Rúa no pasado mes de xullo, para o cal realizaba 1.476 km. “Atendimos 12 chamadas do 112 e desprazámonos a lugares como Ourense, Manzaneda, Petín, O Barco Carballeda de Valdeorras, Rubiá, Quereño…, no incendio de Valdeorras estivemos seis días e fixemos 738 km”, explican dende a agrupación.

Tamén participaron en dispositivos para actos como a procesión da Virxe do Carme de Vilela (A Rúa), o Certame Celtibérico de bandas de gaitas de Cabeza de Manzaneda ou o Carnavrao na Rúa. Así mesmo os voluntarios de Protección Civil da Rúa eliminaron niños de Vespa velutina, atenderon accidentes de tráfico e tamén manteñen un servizo de atención a público na súa oficina.

Fotos: Protección Civil da Rúa.

Artigos relacionados

Back to top button