A RúaConcellosÚltima horaVídeos

Protección Civil da Rúa realizou 716 servizos no que vai de estado de alarma

Entre eles destacan as desinfeccións, o reparto de alimentos e medicinais entre os veciños, así como as emerxencias

 

Dende a declaración do estado de alarma os voluntarios de Protección Civil da Rúa levan realizado un total de 716 servizos. Así se indica deste esta agrupación que está a facer balance do seu labor ao longo destes case tres meses.

“Queremos informar de que nestes días de  pandemia antendimos nos operativos aos habitantes do concello para levarlles medicinas, facerlles a compra, festexarlles os cumpreanos, etc. Tamén colaboramos coa Policía Local, a Garda Civil, a Garda Civil de Tráfico ou cos bombeiros nas chamadas de Emerxencias do 112 en accidentes, incendios, extravíos de animais de compaña, retirada de niños de abellas…”, explican dende a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Rúa.

Ademais colaboraron nos labores de desinfección de rúas e edificios do municipio rues e acudiron a outros concellos por material e a repatir mascarillas, guantes, pantallas protectoras, libros ou material escolar… “coa prontitude e a voluntariedade que nos distingue, sen máis premio que a gratitude do concello e algúns veciños que regalaron varios obsequios en recoñecemento ao noso labor gratuíto e altruísta cos demais”, indican dende Protección Civil da Rúa.

Datos dos operativos realizados durante o estado de alarma por Protección Civil da Rúa:

Fonte: Protección Civil da Rúa.

 

Artigos relacionados

Back to top button