A RúaConcellosÚltima hora

Protección Civil da Rúa recolle a primeira quenda de alimentos cedidos pola poboación

A campaña, iniciada polo Servizo Provincial de Emerxencias de Ourense xunto co Banco de Alimentos, segue en marcha

Na mañá deste xoves 17 de decembro os voluntarios da Agrupación de Protección Civil da Rúa procedían á recollida e traslado da primeira quenda dos alimentos non perecedoiros entregados pola poboación en colaboración coa campaña iniciada polo Servizo Provincial de Emerxencias de Ourense xunto co Banco de Alimentos.

A campaña seguirá en marcha ata comezos de xaneiro, podendo seguir depositando alimentos nos comercios de alimentación que contan cos puntos de recollida, así como no punto habilitado á entrada da Casa do Concello da Rúa.

Foto: Concello da Rúa

Artigos relacionados

Back to top button