ConcellosÚltima hora

Protección Civil da Rúa retira un niño de Vespa crabro nunha adega desta vila

 

Era de grandes dimensións, pero non se trataba dun niño de Vespa velutina, senón de avispón autóctono. Protección Civil da Rúa procedía a retirar na tarde deste 28 de outubro un niño de Vespa crabro situado nunha adega da rúa Do Souto, na Rúa Vella.

A decisión tomábase ante o perigo que supoñía para o propietario desta adega, que non se atrevía a entrar nela por temor a ser picado e vendo as dimensión destas vespas, máis grandes que as velutinas.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button