ConcellosÚltima hora

Protección Civil de Manzaneda inaugura local

O acto, previsto para a tarde do 19 de febreiro, contará coa presenza do director xeral de Emerxencias e Interior
Imaxe dun curso de búsqueda e salvamento en montaña e zonas illadas impartido anteriormente en Manzaneda.
Imaxe dun curso de búsqueda e salvamento en montaña e zonas illadas impartido anteriormente en Manzaneda.

A do 19 de febreiro será unha xornada especial para a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Manzaneda. Durante a tarde terá lugar o acto inaugural do local social desta entidade, que contará coa presenza do director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor Pérez.

Esta agrupación nacía hai dous anos, en febreiro de 2013, e dende entón son numerosas as intervencións nas que participa, especialmente no período invernal, no que colabora co persoal da estación de Montaña de Manzaneda, situada no seu concello para velar pola seguridade dos visitantes e deportistas. A limpeza dos accesos, o auxilio a accidentados ou atrapados pola neve son outra das numerosas actividades que esta agrupación, que conta actualmente con 43 voluntarios, desenvolve nestas datas.

Ten promovido asemade a organización de tres cursos de formación de voluntarios de Protección Civil no ano 2015, convocados polo AGASP, dependente da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior. Entre estes cursos, nos que participaron 60 voluntarios, estiveron os de Busca, Auxilio e rescate en terreo de montaña ou Busca e salvamento en montaña.

Artigos relacionados

Back to top button