Ourense

Protección Civil de Manzaneda recibe a doazón dun repetidor portátil e de tres emisoras

Este equipo foi un agasallo do radioafeccionado Juan Francisco Rubiá e súa posta en funcionamento virá da man desta agrupación de voluntarios e dos Radioaficionados de Trives
Imaxe do material doado por Juan Francisco Rubiá./ Foto cedida.

 

Protección Civil de Manzaneda dispón dun novo equipamento de comunicación para emerxencias, formado por un repetidor portátil e por tres emisoras. Trátase dun agasallo do radioafeccionado almeriense Juan Francisco Rubiá EA7IGU, quen contactou cun dos voluntarios da agrupación, José María Valladares, “e tivo a xentileza de doarnos este material, algo que agradecemos moito dende Protección Civil de Manzaneda porque nos vai ser de gran utilidade”, explica o responsable da agrupación, Clemente Pérez Arias.

Este equipamento será posto en funcionamento coa aportación do Club de Radioaficionados de Trives. A partir de agora este repetidor e os talkies serán usados nos diferentes operativos que leve a cabo Protección Civil de Manzaneda “e permitiranos ter unha mellor comunicación entre os voluntarios. É unha ferramenta moi útil e ten unha versatilidade moi importante neste terreo, o que nos permitirá máis axilidade de movemento e actuacion”.

 

Logotipo de Protección Civil de Manzaneda.

 

Logotipo dos Radioaficionados de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close