ConcellosÚltima hora

Protección Civil de Manzaneda reforza a súa formación en montaña

Os membros desta agrupación participarán nun curso teórico-práctico que se impartirá no vindeiro mes de outubro
Imaxe dun curso de búsqueda e salvamento en montaña e zonas illadas impartido anteriormente en Manzaneda.
Imaxe dun curso de búsqueda e salvamento en montaña e zonas illadas impartido anteriormente en Manzaneda.

Manzaneda acollerá os días 25 e 26 de outubro un “Curso teórico-práctico de primeiros auxilios en Montaña e Situacións de Illamento” con 20 horas de duración e que será impartido polo doutor Antonio Ulloa Reinoso, médico E.U. en Medicina do Deporte e instructor de búsqueda e emerxencias en montaña.

A través dos contidos desta acción búscase “capacitar ao alumno para poder prestar o axeitado primeiro auxilio a un accidentado en zonas illadas e con recursos improvisados”, ademais de formalo para que saiba cándo e cómo solicitar os equipos de socorro, os sinais de petición de auxilio, qué levar nun botiquín básico para viaxar a zonas illadas ou como actuar en situacións de illamento ata a chegada dos equipos de rescate, entre outras cuestións.

O curso está dirixido a persoas que realicen deportes de montaña (sendeirismo, alpinismo, esquí, bicicleta de montaña, rafting…), así como aqueles que, tanto no ámbito profesional como voluntario, desenvolvan a súa actividade en zonas illadas, como pode ser o caso do persoal sanitario, de rescate, guías de montaña, etc.

As persoas interesadas en participar nesta acción formativa poden solicitar máis información sobre a mesma ou inscribirse no correo cleperez@hotmail.com ou no teléfono 649804394. O prezo da inscrición é de 60 euros/persoa para os voluntarios da Agrupación de Protección Civil de Manzaneda e para o persoal da Estación de Montaña, mentres que no resto dos casos o custe será de 90 euros por persoa.

Este prezo inclúe bolsa con documentación, o xantar do sábado, 1 kit de RCP e un diploma. A inscrición manterase aberta ata cubrir prazas. “Se as inscripcións superasen esas prazas podería volver a organizarse outro curso máis adiante desas mesmas características”, segundo adiantan dende a organización, en mans do Concello de Manzaneda e P. Civil de Manzaneda en colaboración con Oca Nova Manzaneda.

Texto: A.R. Foto: Protección Civil de Manzaneda

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button