ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Protección Civil de Manzaneda vén de organizar un curso de “formación básica en motoserra”

Está dirixido tanto a voluntarios desta agrupación como á cidadanía en xeral deste municipio e foi impartido polo formador Carlos Grandío

Conseguir os coñecementos e habilidades básicas para poder realizar un traballo básico coa motosierra con seguridade e eficacia. É o obxectivo do curso “Formación básica de motoserra” que vén de impartirse en Manzaneda. Estaba promovido pola Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Manzaneda en colaboración e co apoio deste Concello de Manzaneda.

Esta acción formativa, cunha duración de oito horas, estaba dirixida tanto aos voluntarios de Protección Civil como á propia cidadanía do municipio, que puido tamén participar. Foi impartida polo formador Carlos Grandío que pertence ao Departamento de formación do grupo de empresas Internaco, con sede en Oleiros (A Coruña) e baixo a firma de maquinaria Husqvarna. Nesta ocasión os participantes foron 8 persoas, cantidade mínima por grupo para un máximo de 10 por grupo.

Durante o curso abordábanse cuestións como a prevención RRLL e Epi´s (seguridade), facendo un repaso xeral pola gama de roupa existente para o traballo con motoserra, tipos, vantaxes, etc; tamén se incidía na preparación e elección da máquina para o seu uso e para o traballo ao que vai destinado, así como conceptos básicos de manexo de motoserra e para o mantemento da máquina, lubricantes, filtros, afiado.

“Con este tipo de cursos o que se pretende desde Protección Civil é buscar a máxima formación nos seus voluntarios/as e poder realizar as súas tarefas coas máximas garantías, coñecementos e por suposto máxima seguridade en todo aquilo que realizan”, indican dende a agrupación de Manzaneda.

Outro dos obxectivos que se perseguían, “toda vez que tamén tomou parte a cidadanía do concello, é o de aportar coñecementos para o manexo de maquinaria como é a motoserra e a concienciación do uso das medidas de prevención e seguridade cando se traballa con este tipo de maquinaria para evitar posibles accidentes”, engaden dende Protección Civil de Manzaneda.

Durante a sesión formativa os participantes, xunto co instrutor, desprazáronse ao campo onde puideron analizar in situ posibles problematicas que se poden plantexar á hora de actuar e como correxilas e intervir para evitar accidentes e facer máis doado o traballo.

“Desde esta Agrupación estamos dispostos a realizar e promover máis cursos deste tipo para ampliar coñecementos e mellorar a seguridade e achegar á cidadanía en xeral todo aquilo que poida aportar melloras no manexo de ferramentas e maquinaria que pode representar risco. É por elo, que os/as interesados/as poden porse en contacto coa nosa Agrupación para seguir promovendo formación”, destacan dende Protección Civil de Manzaneda.

Fotos: Protección Civil de Manzaneda.

 

smartcapture

Artigos relacionados

Back to top button