OurenseÚltima hora

Protección Civil de Ourense incorpora un novo vehículo para reforzar a atención aos afectados pola pandemia

Voluntarios ourensáns lévanlles á casa a comida, as compras ou as medicinas a unhas 30 familias da cidade

 

O servizo de Protección Civil do Concello de Ourense conta cun novo vehículo, cedido por 2 meses por PSA Retail Orense, que reforzará o traballo que a diario desenvolven os voluntarios ourensáns para atender ás persoas máis vulnerables e afectadas pola pandemia do Covid-19.

Tal como explican dende o Concello, o vehículo terá como destino o servizo de recollida de comidas no comedor social, compras e entrega de medicinas ás persoas que están confinadas ou en corentena por casos positivos ou as persoas maiores e vulnerables que non poden saír dos seus domicilios. “Tamén se utilizará noutros servizos e dispositivos que desenvolven actualmente Protección Civil en colaboración coas autoridades sanitarias, como é a campaña de vacinación”, engaden.

O servizo de Protección Civil ven recibindo unha demanda cada vez maior de solicitudes desde que comezara esta segunda vaga da pandemia, e isto require prestar un maior número de atencións domiciliarios. En coordinación con Asuntos Sociais, organiza a resposta e chega na actualidade a unhas 25-30 familias na cidade.

Artigos relacionados

Back to top button