ConcellosÚltima hora

Protección Civil de Parada de Sil levará alimentos e medicinas aos domicilios do municipio

Vehículo de Protección Civil de Parada de Sil.

 

O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, vén de publicar e de distribuír polas aldeas deste municipio un bando que pretende contribuír ao confinamento da veciñanza para evitar a difusión do coronavirus.

“Todas as persoas do Concello que o desexen e non poidan acudir a comprar ás dúas tendas de alimentación a Parada de Sil, ou ben á Farmacia, poden chamar por teléfono para facer o seu pedido . Tamén poden facer o mesmo coas menciñas, e unha persoa de Protección Civil levarallo ao domicilio”, segundo o bando.

Así mesmo o Concello seguirá funcionando, pero a atención ao publico presencial “redúcese a casos imprescindibles e urxentes e todo o demais atenderase por vía telemática ou telefónica”, tal e como se informa dende esta administración local.

Estas medidas tómanse co fin de “favorecer o illamento das persoas e e así evitar a difusión do COVID -19, así como procédese a suspensión de todas actividades como ioga, axencia municipal de lectura, e comunícase que non se abrirán ata novo aviso nin o Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, que hai que recordar que o venres santo pasado recibiu máis de 400 persoas, nin o museo do chocolate”, din dende o Concello.

Ademais lanzan unha mensaxe de ánimo para afrontar esta crise “Xuntos podemos evitar a difusión do virus. Pasará”.

 

Artigos relacionados

Back to top button