ConcellosÚltima hora

Protección Civil de Petín entrega libros e traballos escolares aos nenos do concello

 

O labor da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil non cesa neste período de confinamento polo coronavirus, entando máis que nunca ao servizo do cidadán, de forma totalmente desinteresada, simplemente polo feito de axudar nun momento tan delicado.

No caso concreto de Petín, non só levan a cabo tarefas de desinfección polas rúas de todo o municipio e reparten mascarillas, senón que entregan a domicilio comida e medicinas á xente maior e agora tamén libros e traballos escolares aos nenos do Concello.

Fotos: Protección Civil de Petín

Artigos relacionados

Back to top button