ConcellosPetínÚltima hora

Protección Civil de Petín limpa de xeo as estradas do municipio

Os voluntarios da agrupación levan toda a semana botando sal polos diferentes pobos co concello

 

As intensas xeadas que noite tras noite e dende hai unha semana están caendo na comarca de Valdeorras, dificultan a circulación de vehículos polas estradas secundarias, sendo especialmente perigoso facelo por zonas máis sombrías nas que apenas entra o sol.

Un exemplo témolo no concello de Petín, onde Protección Civil traballa arreo para contrarrestar este fenómeno, esparexendo sal polas estradas das diferentes vilas do municipio, tal como pode verse nas seguintes imaxes onde a xeada semella xa neve.

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button