ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Protección Civil de Trives expón o seu material de emerxencias na visita do director xeral de Interior

 

Durante a visita que o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, realizaba neste venres a Trives podía ver unha completa exposición do material para intervencións do que dispón a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil deste municipio.

A mostra estaba instalada no Concello e incluía numeroso material de emerxencias novo cuxa adquisición foi posible grazas á doazón dun particular. Así podía verse equipos contraincendios como ERAs (Equipo de Respiración Autónoma), cascos de bombeiros e outro tipo de material de última xeración, tamén material de rescate para intervir en accidentes de tráfico (como colchón de baleiro, férulas para traumatismos, camilla de tixeira, etc.) ou na busca de persoas como é o caso dun foco de búsqueda de longo alcance ou botiquíns recén postos con todas as medidas. Tamén presentaba un novo sistema de comunicación.

Ademais a exposición achegaba os traxes para poder retirar niños de Vespa velutina e outro material co que xa contaba a agrupación como flotadores de rescate e tamén material de montaña, nalgúns casos aportado polo Club Montaña Trives e noutros polo Equipo de Montaña da Garda Civil de Trives, “que sempre nos prestán apoio”, din dende Protección Civil de Trives.

Aproveitando a visita do director xeral de Emerxencias, dende esta agrupación e en colaboración co Concello da Pobra de Trives, pedíuselle unha cuña quitaneves e un saleiro.

Ademais nesta primavera Protección Civil de Trives ten previsto organizar un curso de iniciación que se impartirá o 28 e 29 de marzo e o 4 e 5 de abril co fin de formar a novos voluntarios.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button
Close