ConcellosÚltima hora

Protección Civil de Vilamartín atendía multitude de incidencias nesta fin de semana

 

Desprendementos, caídas de árbores, tellados que voaba… Nesta fin de semana eran numerosas as incidencias provocadas polo temporal ás que tiña que facer fronte Protección Civil de Vilamartín de Valdeorras. A última esta mesma mañá de 22 de dembro, debido a un desprendemento na estrada do Mazo.

Especialmente complexa resultaba a xornada do sábado 21 de decembro con caídas de ata catro árbores en diferentes puntos: na estrada N-120, na estrada que vai a Cernego, na de Valdegodos, na de Correxais e unha última en Arnado, onde tamén voaba o tellado dunha construción situada xusto ao lado do castelo.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button