ConcellosO BarcoÚltima hora

Protección Civil do Barco envía o material reunido na campaña para afectados polo volcán da Palma

En total xuntábanse 41 caixas de produtos de hixiene e primeira necesidade en cuxo envío colabora GLS

 

O material recollido na campaña de produtos de hixiene de primeira necesidade para familias afectadas pola erupción do volcán da Palma que Protección Civil do Barco iniciaba o pasado outono iniciaba esta tarde o seu camiño cara esta illa canaria.

Eran un total de 41 caixas con diversidade de produtos, entre eles, champú, desodorante, cepillos de dentes, pasta dental, produtos de hixiene íntima, toallas, roupa de cama, etc.

“Todo este material ímolo enviar a Recas (Toledo) e dende alí xa se encargan de facelo chegar, nun contenedor, ata a Palma”, explican dende a Agrupación de Protección Civil do Barco, que agradece a resposta cidadá ante a campaña, pero tamén lamenta a falta de facilidades por parte da administración para poder facer o envío das doazóns.

“Son moitas caixas e as agrupacións teñen que buscarse a vida para poder costear eses envíos. No noso caso temos que agradecer a colaboración prestada pola empresa de transporte GLS”.

Fotos cedias por Protección Civil do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button