ConcellosÚltima hora

Protección Civil do Bolo e de Chandrexa, entre as agrupacións ourensás que recibirán material da Xunta

Na provincia repartirase entre as agrupacións de 7 concellos  4 vehículos pick-up todoterreos e 3 remolques dotados con material para ás emerxencias cuxo investimento ascende a 189.000 euros

 

Membros de Protección Civil do Bolo durante un operativo o pasado verán./ Foto: Carlos G. Hervella.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar neste 20 de novembro a resolución de cesión de equipamentos para as emerxencias aos concellos de menos de 50.000 habitantes que teñen agrupacións de voluntarios de Protección Civil (AVPC).

Na provincia de Ourense 7 concellos, entre os que figuran O Bolo e Chandrexa de Queixa, resultaron adxudicatarios dun equipamento cuxo investimento ascende a máis de 189.000 euros, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.

En concreto, na provincia ourensá repartiranse 4 vehículos pick-up todoterreos, entre os concellos de Amoeiro, O Bolo, Carballeda de Avia e Xunqueira de Ambía; e 3 remolques dotados con materiais para a atención ás emerxencias nos concellos de Allariz, Os Blancos e Chandrexa de Queixa.

A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a través da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, vén de colaborar nos últimos anos cos concellos galegos en materia de protección civil e emerxencias distribuíndo distinto material e equipamento para a súa utilización polas agrupacións e os servizos de emerxencia municipal.

Artigos relacionados

Back to top button