CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Protestas contra a LOMCE no IES Cosme López da Rúa

O 80 por cento do alumnado do instituto de educación secundaria rues secundou a folga
Alumnos do IES Cosme López concentrados diante do instituto. /Foto: María Testina.
Alumnos do IES Cosme López concentrados diante do instituto. /Foto: María Testina.

Alumnos do IES Cosme López Rodríguez da Rúa concentrábanse na mañá do 24 de novembro para manifestar o seu rechazo á LOMCE e ás reválidas. Malia a chuvia os xoves non deixaron de corear lemas como “Menos corrupción, máis educación” ou “Os profesores son os mellores”, mentres portaban unha pancarta coa mensaxe “Érguete polo ensino galego. Non á LOMCE”.

Tal como explican dende o instituto rues, a protesta partiu da praza do Concello e percorreu as principias rúas da localidade, rematando coa lectura pública dun manifesto no que os alumnos denunciaron “as contradiccións nas que incurriu o ministro de Educación durante as súas últimas comparecencias”, reiterando asemade o “seu desacordo coas mesmas e o seu desexo de continuar coas reivindicacións ata lograr, por parte da Administración, un compromiso firme de frear as últimas reformas educativas”.

Con este acto, os estudantes visibilizaron unha xornada de folga que “foi secundada polo 80% dos alumnos e alumnas do IES Cosme López”, aseguran dende o centro.

Artigos relacionados

Back to top button