A comarca trivesa segue mobilizándose contra a supresión do servizo de Pediatría durante o verán no Centro de Saúde de Trives. Na mañá do 17 de xullo tiña lugar unha concentración no exterior deste centro sanitario convocada pola ANPA “O Recreo” do CEIP Manuel Bermúdez Couso da vila trivesa.
Con este acto, os presentes protestaban pola supresión do citado servizo médico durante os meses de xullo e agosto e manifestábanse en contra das alternativas propostas que “son desprazamentos á Rúa ou Maceda, tanto para consultas como para controis e vacinacións rutinarias”.