CulturaCulturaÚltima hora

Protocolo en materia de seguridade viaria do Camiño de Santiago ao seu paso pola provincia de Ourense

Con este documento, asinado pola Deputación e a Xunta, a institución provincial comprométese a arranxar os puntos de entronque tanto na Vía da Prata como no Camiño de Inverno que poidan presentar dificultades para os peregrinos

Sinatura convenio de colaboración entre a Deputación Ourense e a Xunta de Galicia.

 

Protexer, difundir e fomentar o valor cultural e paisaxístico do Camiño, e en casos de emerxencia, adoptar as medidas necesarias para salvagardar a súa integridade, son os compromisos da Deputación de Ourense en virtude do acordo de colaboración coa Xunta para a conservación do Camiño ao seu paso pola provincia.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, asinaban na mañá do 5 de novembro, un protocolo de coordinación e cooperación institucional en materia de seguridade viaria do Camiño de Santiago ao seu paso pola provincia de Ourense. Deste xeito, “ambas administracións poderán implicarse de maneira directa na protección da integridade física das trazas do Camiño, na súa conservación, mantemento e na mellora da seguridade para os propios peregrinos”, explican dende a Deputación, que tamén se compromete a “arranxar os puntos de entronque tanto na Vía da Prata como no Camiño de Inverno que poidan presentar dificultades para os peregrinos.”

 

O concelleiro de Cultura Román Rodríguez e o presidente da Deputación de Ourense Manuel Baltar.

 

Outro dos puntos destacados do protocolo é a adopción das medidas precisas para a mellora da seguridade viaria das estradas provinciais asociadas aos tramos do Camiño, así como levar a cabo unha mellor integración dos tramos urbanos. No tocante á simboloxía, o acordo contempla o mantemento da imaxe oficial da sinalización das rutas dos Camiños de Santiago en Galicia. Nese senso a Xunta está a traballar na mellora e sinalización da Vía da Prata e culminará este labor o vindeiro ano no Camiño do Inverno. Ademais, no marco do Xacobeo 21, por primeira vez, ambos itinerarios contan conta cun contrato de mantemento propio.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button