ConcellosÚltima hora

Proxeccións e un pleno do alumnado do Barco, no Día da Muller

O Concello organiza unha serie de actos centrados no día 8 de marzo
Orlando Saavedra, concelleiro de Asuntos Sociais do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.
Orlando Saavedra, concelleiro de Asuntos Sociais do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

“Valdeorras con voz de muller” é o título dunha proxección que recolle unha serie de entrevistas a mulleres da comarca e que abrirá o programa de actos que organizará o Concello do Barco con motivo do Día da Muller, o vindeiro 8 de marzo. Esta filmación poderá verse pola mañá e pola tarde nunha pantalla fixa situada na praza do Concello e noutras dúas que rotarán por distintos espazos da vila.

Ademais ás 12h. terá lugar no Teatro Lauro Olmo un pleno moi especial coa participación do alumnado de 4º de ESO dos IES Martaguisela e Lauro Olmo e do Colexio Divina Pastora. “Será presidido por unha alcaldesa con concelleiros/as. Debatirase sobre as propostas que leven e realizarase a lectura dun manifesto”,tal e como se informa dende a Consellería de Asuntos Sociais do Barco.

Xa pola tarde, ás 19h. desenvolverase no salón de actos do edificio multiusos un foro-debate con mulleres da comarca de Valdeorras representativas de distintos sectores da poboación: empresarias, sindicalistas, políticas, traballadoras da educación, da lousa, da sanidade, autónomas, desempregadas, etc.

O programa completarase os días 10 (ás 20:30h.) e 13 de marzo (19h.)coa proxección da película “Requisitos para ser unha persoa normal”, en colaboración co Cine Club Groucho Marx.

Artigos relacionados

Back to top button