En portadaÚltima hora

O proxecto cultural “As letras de Florencio”, presentado na Real Academia Galega (A Coruña)

Segundo adiantan dende a dirección, o presidente Víctor Freixanes “brindounos o seu apoio”

Un grande paso vén de dar o proxecto cultural “As letras de Florencio” para reivindicar o Día das Letras Galegas para o literato valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán.

Despois e presentarse no pobo natal do autor, Córgomo (Vilamartín de Valdeorras), de poñer en marcha a “Irmandade de Florencio” e a páxina web, na mañá do 11 de xaneiro era presentado na Real Academia Galega. Tal como explica a directora do proxecto, Débora Álvarez, a delegación formada polos alcaldes do Barco, Alfredo García e de Vilamartín de Valdeorras, Enrique Álvarez; a concelleira de Cultura do Barco Margarida Pizcueta; e da propia Débora, foi recibida polo presidente da RAG Víctor Freixanes, co que mantiveron unha reunión na que tiveron a oportunidade de presentar o proxecto.

Trala charla “o presidente brindounos o seu apoio así como consellos de como seguir encamiñando o labor de difusión da figura do poeta Florencio Delgado Gurriarán”, explica Débora. Os responsables da iniciativa, pola súa banda, condidárono a el e máis aos membros da Dirección do Pleno da RAG “a formar parte da Irmandade de Florencio”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button