ConcellosÚltima hora

O proxecto de abastecemento do Parque Empresarial da Ría, en Vilamarín, xa está pechado

Beatriz Mato e Amador Vázquez.

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, confirmoulle ao alcalde de Vilamarín, Amador Vázquez, que Augas de Galicia está a pechar o proxecto construtivo para o acondicionamento das captacións e mellora do abastecemento ao Parque Empresarial e o núcleo da Ría.

A conselleira de Medio Ambiente e o alcalde de Vilamarín mantiveron unha reunión de traballo, na que tamén participou o director de Augas de Galicia, Roberto Martínez, para analizar a situación actual da rede de abastecemento.

Mato Otero indicou que este proxecto está incluído no programa operativo FEADER 2014/2020, polo que será unha actuación prioritaria no momento que exista dispoñibilidade orzamentaria. Segundo os cálculos de Augas de Galicia será necesario un investimento de 200.000 euros para a súa execución.

 

Artigos relacionados

Back to top button